Cine na Fábrica o domingo 9 de decembro
O Domingo 9 de decembro ás 19:30 horas no auditorio da Fábrica de Perillo terá lugar a proxección de Sicixia
Sinopse: Xiao, enxeñeiro de son, recibe un encargo para gravar os singulares sons de Costa da Morte. Alí coñece a Olalla, unha guía local que recolle algas no océano Atlántico e que lle axudará a mergullarse na idiosincrasia do lugar. A partir de aí, nesa lexendaria Finisterrae, as súas vidas fuxirán ao seu control coma mareas rexidas por unha lei superior.
Sicixia é unha longametraxe de ficción rodada na Costa da Morte, considerada na Antigüedade o punto máis occidental de Europa, Finisterrae, para os romanos.
Sicixia retrata o inigualable patrimonio da Costa da Morte, mesturando ficción e realidade. Cada fotograma bebe en cada secuencia e matiz das xentes e da singularidade desta terra.
Dirección e guión: Ignacio Vilar
Produtora: Vía Láctea Filmes
Reparto: Monti Castiñeiras , Marta Lado, Arantza Villar, Artur Trillo , Daniel Trillo e Tamara Canosa.
Ano: 2016
Duración: 98 min. aprox.
Idioma: V.O. Galego
Calificación ICAA: Non recomendada para menores de 12 anos.
Especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero.
Entrada libre con invitación. As invitacións poderán recollerse a partir das 18.30 horas, ata completar a capacidade da sala.