Oleiros, 11 de novembro de 2020-. Este domingo 15 de novembro ás 12h30 chegan Os Bolechas á Fábrica co seu espectáculo Os Bolechas e a porta dos camiños.
A entrada é gratuíta, mais hai que facer a a inscrición a través do formulario habilitado, que estará aberto ata as 14h do venres 13 de novembro ou ata completar o aforo permitido ou ata completar o aforo permitido que actualmente é dun máximo de 30 persoas. Por este motivo, pedimos que só acuda 1 persoa adulta por cada unidade familiar para priorizar a asistencia das crianzas.
Aquí vos deixamos unha sinopse da obra para ir quentando motores:
Haker Mater é un programador informático que está poñendo a punto a 'Porta dos Camiños', unha máquina que axuda a elixir un dos moitos Camiños de Santiago ás persoas que queren peregrinar pero non saben por que vía facelo. O que pasa é que a máquina leva 11 anos sen funcionar e parece que precisa algúns arranxos, e os Bolechas son expertos en amañar cousas… Coa axuda do público conseguirán non só facer funcionar a Porta dos Camiños senón aprender unha chea de cousas sobre algunhas das principais vía de peregrinación. E mesmo axudarán ao Peregrino Faustino a elixir Camiño!