Novas

Asset Publisher

Back Oleiros recibe o Nadal co concerto infantil Tic Tac

padding-right:10px;float:left;Este venres, ás 18.30 h, na Fábrica haberá unha actuación musical de Pablo Díaz

Oleiros, 20 de decembro de 2011-. O Concello de Oleiros, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística, organizou para este venres, 23 de decembro, o concerto de Pablo Díaz e a banda Tic Tac. Con esta actuación infantil o Servizo quere promover o uso da lingua galega no Nadal entre os nenos e as nenas, á vez que fomenta a asistencia familiar a espectáculos en lingua galega. O concerto Tic Tac terá lugar na Fábrica ás 18.30 horas, a entrada será gratuíta ata completar a capacidade da sala.


Pablo Díaz fai un percorrido por distintos ritmos cos que, desde a perspectiva do folk, abarca a universalidade da música (rock, pop, blues, jazz, tradicional...). Nos seus espectáculos el pon a voz e toca o clarinete e vai acompañado por grandes músicos que participan en grandes proxectos, Diego Barral (guitarras), Álex Fente (acordeón), Antón Díaz (baixo e contrabaixo), Carlos Freire (batería), Olga Kirk (coros).


Tic Tac é o nome do exitoso libro-disco creado por Pablo Díaz, do que se levan vendidas máis de 5000 copias desde que saíu en decembro de 2009. Este libro da edición Kalandraka, ten ilustracións de Marc Taeger, colaboracións de diferentes personalidades da cultura galega, pero está escrito, gravado e interpretado por Pablo Díaz. As 16 cancións das que consta o disco tratan temas como a natureza, o mar, os animais ou o fogar e a través da música as crianzas van aprendendo vocabulario novo, á vez que se divirten. O éxito que tivo este libro-disco, tamén se viu no escenario, xa que xa se levan realizado máis de 40 concertos en diferentes puntos da xeografía galega.