Novas

Asset Publisher

Back Oleiros promove a lingua a través das cartas aos Reis Magos

 Oleiros, 26 de decembro de 2012.- O Concello de Oleiros, a través da súa Concellería de Cultura e Normalización Lingüística, publicou unha carta dos Reis Magos deseñada polo alumnado de 6º C de infantil do CEIP Valle Inclán. Esta actividade que xa se levou a cabo nos últimos anos, consiste no deseño dunha carta aos Reis Magos en galego, a carta gañadora non pode contar con erros ortográficos, nin gramaticais e a pesar de que é pouco o que se escribe, o deseño está feito por nenos e nenas de tres a sete anos. Pois nesta actividade participou alumnado de 4.º, 5.º e 6º de educación infantil do CEIP Luis Seoane e de 6.º de infantil e 1.º e 2.º de primaria do CEIP Valle Inclán. A todos os cursos participantes premióuselles cun libro en galego para cada clase, mais a carta gañadora foi publicada e repartida por todos os centros de ensino de infantil e primaria e nos edificios municipais.

Con esta actividade preténdese normalizar as cartas en galego, á vez que se incita a que os nenos e nenas escriban na nosa lingua.