Novas

Asset Publisher

Back O vindeiro sábado A Fábrica acolle o Concerto de Cholo e Nela

O Concello de Oleiros continúa coa programación infantil do proxecto Apego.
A Asociación Proconvivencia de Educación Infantil actuará este sábado 6 de abril na Fábrica ás 18.30 horas. Neste concerto estarán presentes Cholo e Nela e nas súas cancións desenvolveranse contos, trabalinguas, poesías, coplas e regueifas en galego para un público infantil e familiar. Cantaremos, xogaremos e falaremos de igualdade, o medio, o mar, o clima, a nosa  cultura, o rural, os lumes, as feiras, os nosos e as nosas artistas...
As persoas interesadas en acudir poderán reservar as súas invitacións enviando os seus datos a lingua@oleiros.org (indicando o nomes do/a neno/a, idade, nome das persoas acompañantes, teléfono e correo electrónico).