Novas

Asset Publisher

Back O SNL organizou obradoiros de regueifas nos tres institutos

Lupe Blanco, unha das mellores regueifeiras de Galicia, impartiu dous obradoiros en cada un dos institutos do concello.

En 90 minutos contou a historia da regueifa, fixo un repaso de conceptos literarios e regueifou para o alumnado. Ademais de ensinar esta improvisación oral en verso, a mocidade fixo en grupos as súas composicións e regueifou para os seus compañeiros e compañeiras.

Con esta actividade máis de 300 rapazas e rapaces descubriron unha arte tradicional que debemos preservar como parte da nosa cultura galega e ademais de achegarse ás súas orixes, tamén repararon noutras manifestacións tan modernas coma o rap, para, deste xeito, recoñecer como se poden relacionar.