O Servizo de Normalización Lingüística organizou para este domingo un espectáculo de Caxoto, Levántate Xan!, para nenos e nenas de 0 a 3 anos. A actividade terá lugar na Fábrica e será gratuíta para as persoas inscritas previamente de luns a mércores contactando co Servizo de Normalización Lingüística do Concello.
O espectáculo lévanos por unha viaxe musical pola rutina diaria dunha granxa. Unha viaxe de volta á fascinación pola vida no campo.