Asset Publisher

Back MJ Pérez leva aos IES de Oleiros a súa música

O alumnado dos tres centros de secundaria do municipio coñeceron a MJ Pérez e as súas cancións.

MJ Pérez impartiu unha charla ao alumnado, mostroulles os videoclips feitos por ela, cantou varias cancións e explicoulles porque canta en galego, como foron os seus inicios na música e como loitando polo que se quere sempre se atopa unha recompensa.

A través desta intervención, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística, o alumnado puxo en valor a lingua, rachou con prexuízos lingüísticos e descubriu música en galego de diferentes estilos que non coñecían.