Noticias

Noticias

Atrás Carabranca chega ao Apego de Oleiros este domingo

O domingo 11 de abril ás 12:00 horas na Fábrica terá lugar o espectáculo Carabranca, de Iria Pinheiro. Trátase dun espectáculo de narración oral pola igualdade interpretado por Iria Pinheiro, licenciada en psicopedagoxía e actriz (Premio María Casares mellor actriz e mellor texto orixinal 2019 e Premio Maruxa Villanueva á interpretación 2019) e baseado nun conto de Iván Sende. 

Carabranca é unha nena pirata que logra todo o que se propón, desafiando calquera perigo marítimo e terrestre. A partir do teatro de obxectos a actriz conta unha historia na que se entrelazan as aventuras co ánimo de superación e valores que fomentan a igualdade.
 
A entrada é gratuíta con reserva previa, mais xa non quedan prazas.