Noticias

Noticias

Atrás A Fábrica acolle este domingo unha festa de contos

 

Este domingo, 20 de marzo, Iria Pinheiro presenta Festa dentro do programa Apego. Unha festa de contos nos que a diversidade é o fío condutor. Unha contada poética e alegre  baseada no teatro de obxectos que fará sorrir a crianzas e maiores. Sopas insólitas, vacas que poñen ovos e amizades únicas son parte dos ingredientes das divertidas historias representadas nesta peza.

O espectáculo está recomendado para maiores de 3 anos. A entrada será gratuíta con inscrición previa, desde o luns 14 de marzo habilitarase un formulario de preinscrición no seguinte enlace: https://forms.gle/gKerLijWcFLz4bSm9. Terán preferencia as familias do Apego de Oleiros os dous primeiros días de inscrición, as prazas serán confirmadas a través dun correo electrónico.