Oleiros, 9 de xaneiro de 2013.- O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros abriu o prazo para inscribirse en cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 2, Celga 3 e Celga 4. Para inscribirse nestes cursos haberá un prazo desde hoxe, 9 de xaneiro ata o vindeiro 23 de xaneiro.
Estes cursos que son gratuítos para as persoas participantes, son impartidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e está previsto que comecen no mes de marzo e rematen no mes de maio, pois as probas de certificación serán os días 1, 2, 8 e 9 de xuño para os niveis Celga 4, 2, 3 e 1.
Aquelas persoas interesadas en recibir información sobre estes cursos poderán dirixirse ao Servizo de Normalización Lingüística, sito na Casa do Concello, chamar ao teléfono 981 610 000 ou mandar un correo a l.filloy@oleiros.org.