Asset Publisher

Back Roteiro Cultural e Literario

Coñece a Emilia Pardo Bazán e o Castelo de Santa Cruz, Sofia Casanova e as casas onde veraneou en Mera, Juana de Vega e o Pazo da Carballeira en Nós e María Casares, o pazo do Río e villa Galicia en Montrove a través deste Roteiro Cultural e Literario.

 

Os obxectivos que pretendemos con esta publicación son dar a coñecer diferentes mulleres ilustres que viviron no Concello de Oleiros, mellorar o coñecemento de diferentes espazos do termo municipal de Oleiros e promover a lectura.

O día 30 de maio realizouse o Roteiro Cultural e Literario 2012, no que participarou alumnado do IES Miraflores de Oleiros, IES María Casares de Santa Cruz e CEIP Luís Seoane de Mera, así como persoas a título individual.  Comezou ás 9.30 horas no Castelo de Santa Cruz onde o equipo de divulgación do CEIDA falou de como estaba na época de Emilia Pardo Bazán. Acto seguido, na localidade de Mera tomamos contacto coa casa de veraneo da xornalista Sofía Casanova. Posteriormente desprazámonos ao Pazo da Carballeira en Nós no que viviu a escritora Juana de Vega e onde nos recibíu o director da Fundación Juana de Vega  onde explicou as funcións da mesma. O Roteiro finalizou en Montrove no Pazo do Río onde pasou parte da súa infancia a actriz María Casares.

En todos estes lugares a presentación destas mulleres ilustres foi realizada polo alumnado de 1º de bacharelato que elaborou o folleto e que podes descargar para coñecer as persoas e lugares emblemáticos que teñen presenza nel.