O Concello de Oleiros conta cun amplo Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais consistente na dotación de infraestruturas bibliotecarias ao servizo da poboación. Ten presenza na maioría das parroquias e núcleos de poboación de maior densidade, coa finalidade de achegar a todos os veciños e veciñas un servizo público aberto aos cidadáns para uso, fomento e gozo da lectura sen distancias nin longos desprazamentos, con horarios amplos e flexibles adaptados ás necesidades dos diferentes usuarios/as e cunha programación de actividades culturais e de promoción da lectura para nenos/as, mozos/as e adultos/as.
Para facilitar a todos os cidadáns o acceso á cultura en condicións de igualdade e conscientes da dispersión que afecta á poboación deste concello, pero coa intención de poñer á disposición dos veciños e das veciñas de Oleiros un bo servizo bibliotecario, o goberno local decidiu crear un Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais, de forma que a Biblioteca Central estivese nun dos núcleos urbanos de maior poboación e mellor comunicado coas demais localidades do concello, implantando nos outros núcleos de menor densidade, bibliotecas auxiliares para que todos os habitantes puidesen estar atendidos nas súas propias parroquias, xa que moitos deles, como é o caso dos nenos, nenas e mocidade non poden trasladarse facilmente dun lugar a outro.
Algúns dos premios que recibiron estas bibliotecas son: