Asset Publisher

Back Guía de lectura "De todas as cores". Verán 2010

Presentamos a guía de lectura de verán 2010 titulada  "De todas as cores".

Trátase dunha selección de creacións de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para distintos gustos,  intereses,  preferencias  e idades. Boas historias e bos libros para ler, observar ou mirar, películas ou discos para gozar e compartir.

Desde as Bibliotecas municipais ofrecemos esta guía de lectura cun dobre obxectivo: presentar obras de calidade literaria, artística ou científica para animar a súa lectura, audición ou visionado e lembrar que un libro, un cd, ou un dvd son tamén un bo agasallo.