Novas

Asset Publisher

Back Recomendacións en Radioleiros: 14 de outubro

 
- Infantil:
"Oda a unha estrela" de Pablo Neruda
Editado por Kalandraka

Unha noite alguén rouba unha estrela no alto dun rañaceos. No momento de gardala no peto comeza a súa odisea.

- Mozos/as e adultos/as:

"Línea difusa" de Pat Barker
Editado por Salamandra

Trece anos despois de ter testificado contra un neno acusado de homicidio, o psiquiatra Tom Seymour volve a entrar en contacto con el, agora xa feito un home. Este pídelle que lle axude a comprender o que pasou.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.