Novas

Asset Publisher

Back O Entroido nas Bibliotecas Municipais de Oleiros: 8 a 17 de febreiro

 

 

 
Dende o mércores 8 de febreiro, realizaremos Obradoiros de máscaras e antifaces dirixidos a nenas e nenos a partir de 7 anos en todas as Bibliotecas.
 
A actividade será monitorada por Dinamo Xestión.
 
Coñecerás as diferentes personaxes e figuras do Entroido galego (choqueiros, peliqueiros, cigarróns, pantallas, etc), divertíndote ao tempo que aprendes algo máis de nosa etnografía e cultura.
 
Moi importante: 20 prazas por cada obradoiro, as nenas e nenos que queiran participar deberán inscribirse na biblioteca correspondente.