Asset Publisher

Back Libros para soñar

 /documents/39407/55544/DLFE-27640.pdf/9bfc22d8-15e2-b88b-b4a7-74754bbd88f6

Do 8 ao 16 de marzo poderás ver, na Biblioteca Central Rialeda, a exposición itinerante de 80 libros infantís e xuvenís publicados pola editorial Kalandraka .  Moitos deles son obras clásicas da literatura infantil e xuvenil, entre os que podemos destacar títulos como: O coelliño branco, A cebra Camila, A que sabe a lúa?, A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza...
 
As visitas ás exposicións son libres. Conxuntamente celebraranse unha serie de actuacións dirixidas ao público infantil. A expo, recén chegada da Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda), viaxará despois á Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz).

Lembra que as actuacións teñen aforo limitado. É imprescindible reservar praza na biblioteca correspondente ou chamando por teléfono. Prazo de inscrición: 10 días antes da data de celebración.