Biblioteca Central Rialeda

Atrás Recomendacións en Radioleiros: 8 de abril 2016

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros

http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1203699&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20nena%20mar- Infantil (nenos-as de 10 a 12 anos):
"Nena e o mar", texto de Érica Esmorís e ilustracións de Dani Padrón, en Xerais.
Premio Merlín de Literatura Infantil 2015.
Porto Balea é unha vila mariñeira na que a maioría dos seus habitantes decidiron non volver a pescar ao mar. Só Otto segue a saír mentres deixa a súa filla, orfa de nai, ao coidado duns veciños, pero un día non volve debido a que naufragou cerca da Illa das Sereas. Por ese motivo, a súa filla decide embarcar nun pequeno bote e saír a buscalo...
Unha fermosa obra de aventuras, esperanza e valentía.

 
- Mozos-as e adultos-as:
"Cactus" de Rodrigo Muñoz Avia, editado por Alfaguara.
Agustín ten 37 anos, e perdeu o traballo, a parella e a casa, polo que decide marcharse durante o verán á Universidade de Stanford, en California, para asistir a un curso sobre
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1201217cactos. El non sabe nada dese tema, pero con tal de cambiar de aires, elixe irse.
Di o autor que é unha novela “sobre como buscarlle sentido á existencia, cando se perdeu todo, pero sen dramas, porque é unha historia para rirse”. Un libro que no que o seu protagonista intenta fuxir da súa realidade con humor e ironía.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.