Asset Publisher

Back Recomendacións en Radioleiros: 10 de xuño

radioleirosTítulos recomendados o venres 10 de xuño:

- Xuvenil (a partir de 12 anos):

"El diario completamente verídico de un indio a tiempo parcial" de Sherman Alexie, en Siruela.cuberta do libro El diario completamente verídico de un indio a tiempo parcial

Arnold Spirit Junior é un adolescente indio que vive na reserva spokane de Wellpinit, no estado de Washington, onde a vida é dura e escasean as oportunidades para saír adiante. Co fin de mellorar a súa formación pide unha bolsa para cursar estudos fóra da reserva nun instituto a onde só acoden rapaces brancos.

 

- Mozos/as e adultos/as:

"Expiación" de Ian McEwan editado por Anagrama.Ver Expiación na Rede de Bibliotecas de Galicia

Desde a inconsciencia dos seus trece anos, Briony Tallis lanza unha grave acusación sobre unha persoa inocente que non só arruinará a vida do acusado senón tamén a súa propia.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR (MP3 - 4,307.2 KB) en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13.00, 15.00 e 17.00 horas.