Presentamos 8 obras fundamentais dentro da carreira do director de Atlanta. Steven Soderbergh, quen recentemente declarou estar disposto a abandoar o cine, farto de Hollywood, iníciase na produción cinematográfica a través de cortos e dirixindo concertos, pero é en 1989 cando obtén a Palma de Ouro de Cannes con "Sexo, mentiras y cintas de vídeo" onde dá a coñecer á actriz Andie MacDowell.
A posterior carreira de Soderbergh combina xestos de cine autoral con producións máis próximas ao espíritu comercial dos grandes estudios. A súa obra comprende máis de 20 filmes dos que a Biblioteca Central Rialeda ofréceche 8 títulos:
- Che, el argentino (2008). Biopic sobre o revolucionario e combatente arxentino.
- El buen alemán (2006). "Cinema noir" á antiga, homenaxe ao cine dos anos 40.
- Keane (2004). Producida por Soderbergh e dirixida por Lodge Kerrigan
- Solaris (2002). Particular visión da obra de Stanislaw Lem, máis coñecida pola versión de Andrei Tarkovski
- Ocean's eleven (2001). Intriga na tradición do xénero de roubos e atracos.
- Erin Brockovich (2000). Obra de denuncia baseada nun personaxe real.
- Traffic (2000). Thriller sobre o narcotráfico na fronteira mexicana.
- Sexo, mentiras y cintas de vídeo (1989). Ópera prima e Palma de Ouro en Cannes.
Poderás atopar estes títulos para levar en préstamo no 2º andar da Biblioteca Central Rialeda.