Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Asset Publisher

Back Roteiro Cultural e Literario 2013

    Organizada entre o Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais, o Servizo de Normalización Lingüística e o IES Miraflores de Oleiros, a actividade consiste no recorrido por distintos lugares do municipio nos que viviron diferentes mulleres e homes ilustres, como unha homenaxe a todos eles e co obxectivo de dalos a coñecer e mellorar o coñecemento do patrimonio e espazos do termo municipal de Oleiros e promover a lectura.
 
Realizaránse dúas sesións, sendo a primeira o 3 de maio e a segunda o 10 de maio. En ambos casos comezaremos ás 9.30 horas nas Torres de Santa Cruz, realizando en ambas o mesmo recorrido.

O alumnado do Instituto Miraflores realizarán a presentación destas persoas ilustres. Alumnos e alumnas de 2º de bacharelato elaboraron o folleto dirixidos polo profesorado. O alumnado de 4º de ESO colabora igualmente na actividade.

O alumnado de 2º de bacharelato do IES Miraflores que realizou os textos do folleto foi: Aurora Alonso, Pablo Balado, Carlos Barros, Nicolás Berti, María Cabrero, Blanca Domínguez, Alfonso Fernández, Belén Fernández, Eduardo Ferro, Manuel González, Iago Rial, Víctor Roade, Pablo Rodríguez, Rubén Vaamonde, Álvaro Varela, Iván Vázquez Mira, e o profesorado: Mercedes Agra Ramírez (do departamento de Lingua Galega), Mª Concepción Castro Higelmo (departamento de Ciencias Sociais), Elena López Prada (departamento de Física e Química), baixo a coordinación da catedrática Rosa García Vilariño do Departamento de Lingua e Literatura galega, así como da Biblioteca Central Rialeda e do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros.

O deseño da publicación foi realizado polo Departamento de Comunicación do Concello de Oleiros.
 
Participarán no roteiro, ademais de alumnado e profesorado do IES Miraflores, tamén do Instituto Mª Casares, do Instituto Neira Vilas, do Colexio Isidro Parga Pondal de Santa Cruz e do Colexio Luis Seoane de Mera. Máis de 300 alumnas e alumnos, aos que se lles entregará a publicación sobre estas persoas ilustres.