Atrás O meu retrato nun prato

O 25 de setembro volven as actividades de Apego cun obradoiro de olería, O meu retrato nun prato.

Neste obradoiro cerámico usaremos arxilas coloreadas para compoñer un retrato, que se converterá nun prato para usar nas nosas mesas. Este obradoiro desenvolverase o vindeiro venres para familias con crianzas de 1 a 3 anos. Faranse dúas quendas, unha de 16.00 a 17.00 horas e outra de 17.00 a 18.00 horas.

O  vindeiro 2 de outubro será para crianzas de 4 a 6 anos, no mesmo horario. O vindeiro 16 de outubro será a recollida de pezas ás 16.00 horas para crianzas de 1 a 3 anos e ás 17.00 h para crianzas de 4 a 6 anos.

¿A quién va dirigido?

Familias con crianzas de 1 a 3 anos (o día 25 de setembro) e de 4 a 6 anos (o día 2 de outubro)

Fecha del evento

25 de setembro

Horario

16.00 e 17.00 h

Lugar de Celebración

Escola de olería das Torres de Santa Cruz

Plazo de inscripción

Desde o 21 de setembro ás 10.00 horas, para o día 25 de setembro (crianzas de 1 a 3 anos) e desde o día 28 ás 10.00 horas, para o 2 de outubro (nenas e nenos de 4 a 6 anos).

Otra información de interés

Terán preferencia as familias de Apego de Oleiros os dous primeiros días de inscrición.