Recibidas as solicitudes para participar nas actividades de “Ollada de estrelas” do programa “Ven e descubre 2026” se realiza un sorteo aleatorio no que se asignan as listas de persoas admitidas e a lista de agarda coas solicitudes en reserva.
- Esta actividade é unha RUTA NOCTURNA pola Illa de Sálvora
- Se realizará un paseo en barco desde Cambados a Illa de Sálvora e unha andaina nocturna de 5km para coñecer os seus ceos.
- Para desenvolver a actividade é necesario de dispoñer dunha condición física axeitada para realizar un tramo de 5km por camiños pola noite.
- A saída será de Oleiros as 18:30 e a volta as 2:30 da madrugada.
- Na actividade inclúe o traslado en autobús ata os lugares de embarque, viaxe en barco e itinerario guiado pola Illa de Sálvora e un pequeno refrixerio ( empanada, mexillóns bebida) no barco a volta.
- Contarán cun equipo de guías especializados que os acompañarán en toda a visita.
Se a súa solicitude consta como “admitido” conta con praza para participar na ruta “Ollada de estrelas” na data solicitada.
Para confirmar a praza debe realizar o pago do prezo público 30 euros no período establecido. Entre o 12 e 15 de maio descargar o recibo na seguinte ligazón:
ACCESO AUTOLIQUIDACIÓN PAGO OLLADA DAS ESTRELAS
Neste mesmo prazo ( 12 a 15 de maio) debe entregar a copia do pago nas oficinas de Servizos Sociais e Igualdade en Oleiros o Perillo.
Lembre que se non pode acudir a actividade se a súa condición física non é a idónea, ten que darse de baixa nas oficinas de Servizos Sociais e Igualdade de Oleiros.
Na semana anterior a saída nos poñeremos en contacto con vostede para informarlle da hora exacta de saída na parada seleccionada na inscrición
Lembren que deben comunicar a renuncia á praza nun máximo de 8 días de antelación á data de saída. De non facelo así, daráselles de baixa automaticamente en todas as excursións e rutas de sendeirismo nas que estean inscritas. Poden facelo persoalmente nas oficinas de Servizos Sociais e Igualdade o enviar un correo o enderezo s.sociais@oleiros.org