Do 29 de abril a 4 de maio estará aberto o prazo para solicitar praza nas actividades de sendeirismo do programa “Ven e descubre 2026” “Mirando ao ceo”.
O lago das estrelas, e un itinerario de sendeirismo que percorre “Lagostelle” no concello de Guitiriz . Un espazo cheo de lendas relacionadas con serpes, vilas asolagadas, amores frustrados no que se camiñará ata as brañas do Boedo de grande importancia ecolóxica para o mantemento dos ríos da Terra Cha.
Mareas de Baldaio, se achegará a este espazo natural de Bergantiños , onde as mareas dan vida a un espazo ornitolóxico no que que se poden observar ata 256 especies diferentes de aves e que tamén conta cunha importante historia reivindicativa de loita pola súa conservación
Ruta da Luz, sen a luz do sol non e posible a vida na terra. Sen a luz do ser humano: a solidariedade, bondade, amizade, a cultura e o amor non é posible a vida humana. Neste crítico momento da historia onde a ignorancia e a violencia inunda ao ser humano, queremos reivindicar a importancia da bondade, a cultura, o pequeno e o diverso. E nesta ruta por camiños rurais de Boimorto participaremos no “Festival de la Luz” unha experiencia interxeracional solidaria onde a música diversa e a protagonista.
Dirixido a persoas maiores de 65 anos empadroadas no Concello de Oleiros .
Para participar debe realizar a preinscrición preferentemente na Sede electrónica: https://sede.oleiros.org/ No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo de maneira telefónica chamando ao telefono 981 610 000 en horario de tarde de 16:00 a 19:00 horas nos períodos distribuídos por localidade que pode consultar descargando o folleto do programa.
- Inscrición telemática 29 de abril a 4 de maio.
- Inscrición telefónica: 29-30 abril e 4 de maio de 16:00 a 19:00