No marco das festas de San Xoán 2025, desde o SATICO púxose en marcha unha campaña de sensibilización centrada na prevención das violencias machistas en espazos de lecer. Baixo o lema “Este San Xoán non faltes á festa, pero de festa non faltes”, a iniciativa apelou ao compromiso colectivo para facer das celebracións un espazo seguro, libre e respectuoso para todas as persoas.
A campaña, difundida a través dun vídeo en varios formatos e canles dixitais, transmitía mensaxes claras e accesibles arredor do consentimento, o coidado mutuo, a intervención ante situacións de risco e o rexeitamento das actitudes que incomodan ou violentan. Reivindicouse, ademais, o dereito a desfrutar das festas sen medo, sen presións e sen violencias.
Este material enmárcase na campaña 'Non faltes á festa, pero de festa non faltes': unha liña de traballo máis ampla da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade en materia de igualdade e prevención das violencias machistas, reforzada durante as festas coa presenza de Puntos Violeta.
Podes descargar o material no desplegable "Documentos" que aparece a continuación, en formato PDF ou en formato imaxes soltar para slider en Redes Sociais.
Para máis información, contacta con nós no 981 610 000 – Ext. 3112 | 3118 | 3601 ou a través dos correos igualdade@oleiros.org e igualdadeoleiros@gmail.com