Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Volven os contacontos para maiores de 6 anos a todas as bibliotecas municipais

 Oleiros, 5 de marzo de 2021-. As Bibliotecas Municipais de Oleiros acollen durante o mes de marzo numerosas sesións da Hora do conto, dirixidas a nenas e a nenos maiores de 6 anos. Esta é unha actividade cuns recoñecidos valores lúdicos e educativos, que reside, fundamentalmente, no incentivo á lectura dos máis pequenos e que consiste na narración ou dramatización de varios contos ou o recitado de poesías. 

 
Debido ás restricións sanitarias o aforo estará limitado. Por este motivo é imprescindible reservar praza na biblioteca á que se desexe asistir previamente, desde dez días antes da realización de cada sesión, chamando por teléfono ou achegándose persoalmente á biblioteca correspondente. Todas as sesións serán ás 18:30 horas.
 
5 de marzo, Biblioteca de Mera: Tres irmás, tres camiños e un gran perigo con Paula Carballeira.
 
8 de marzo, Biblioteca de Dorneta: Mulleres que cambiaron o mundo con Charo Pita
 
9 de marzo, Biblioteca de Oleiros: Aventureiras intrépidas con Charo Pita. 
 
10 de marzo, Biblioteca de Santa Cruz: Contamos con Caxoto
 
11 de marzo, Biblioteca de Rialeda: Dada o duende con Eduvía
 
12 de marzo, Biblioteca de Nós: Un mundo de mulleres con Fátima Fernández
 
17 de marzo, Biblioteca de Santa Cruz: Contos das estrelas con Charo Pita
 
18 de marzo, Biblioteca de Rialeda: O día que voou a señora Albertina e un conto máis con Paula Carballeira
 
22 de marzo, Biblioteca de Dorneda: Rimas e ritmos con Ramiro Neira
 
24 de marzo, Biblioteca de Santa Cruz: Versos para debuxar nenas e nenos con Soledad Felloza
 
25 de marzo, Biblioteca de Rialeda: Poetizados con Charo Pita
 
25 de marzo, Biblioteca de Lorbé: Verbas encadeadas con Ramiro Neira
26 de marzo, Biblioteca de Mera: Carolina e as súas rimas con Fátima Fernández
 
26 de marzo, Biblioteca de Nós: Telón Arriba! con Soledad Felloza
 
30 de marzo, Biblioteca de Oleiros: Verbas de cores con Ramiro Neira
 
31 de marzo, Biblioteca de Santa Cruz: Contos de cando a nai dos dragóns anunciaba a primavera con Paula Carballeira
back link