Oleiros, 27 de xuño de 2019-. Mañá venres 27 de xuño, procederase á realizar a tala dunha árbore que se atopa seca na avenida Che Guevara. Por cuestións de seguridade, será preciso cortar a avenida Ernesto Che Guevara, desde a rotonda do monumento a Che Guevara ata a rúa Neira Vilas.
Está previsto que os traballos se realicen entre as 9:00 e as 13:00 horas. Durante ese tempo só estará permitida a circulación de autobuses por esta zona.
Para dirixirse á Coruña será necesario desviarse na rotonda de Che Guevara cara a avenida da II República. Para regresar da Coruña, haberá que coller a rúa Corredoira das Viñas, seguir pola rúa da Piscina e a rúa Miradoiro para chegar ao monumento a Che Guevara.