Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Unha incomprensible sentenza xudicial castiga ao alcalde por denunciar unha infracción urbaníst

Oleiros, 08 de xaneiro de 2015-. A persecución xudicial á que está sometido o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, vive un novo capítulo. Logo do recurso presentado contra a sentenza pola que se lle obrigaba a pagar unha multa de 60.000 euros por unhas declaración nas que denunciaba unha infracción urbanística cometida por unha xuíza, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de emitir unha nova sentenza na que se reduce esa multa a 30.000 euros.

O propio auto recoñece que a xuíza demandante e o seu esposo tiveron que legalizar unha situación fraudulenta, polo que queda claro que si se cometeron irregularidades urbanísticas. “Se dicir cousas que se axustan á realidade é difamar, entonces este non é o país polo que loitei”, declarou Ángel García Seoane.

A sentenza será recurrida diante do Tribunal Supremo. O avogado do alcalde, Carlos Hérnandez, explicou que se van esgotar todos os procedementos para demostrar que non houbo ningunha intromisión no dereito á honra da xuíza demandante e que, pola contra, si existiu un grave prexuízo á figura do alcalde de Oleiros.

O letrado tamén denunciou que se arquivara a querela presentada contra esta mesma xuíza na que se poñían sobre a mesa feitos indiciarios suficientes para que se abrira unha investigación por prolongar de xeito indebido a causa falsa que contra García Seoane baseada nunha información, tamén falsa, publicada nun xornal. A documentación, as testemuñas e os indicios foron rexeitados sen tomar declaración a ninguén nin investigar absolutamente nada. Unha situación que pon de claro manifesto a dobre vara de medir da xustiza deste país, na que os xuíces semellan non estar sometidos ao mesmo control que un cidadán normal.


 

back link