Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Unha delegación francesa visita a Casa do Concello

Oleiros, 16 de outubro de 2012-. Hoxe tivo lugar unha recepción na sala de xuntas do Concello na que participaron representantes do Programa Europeo Comenius Regio. Na cita cos representantes do Goberno local estiveron un representante do municipio francés de Vannes, un profesor do IES desta localidade da Bretaña e un representante da asociación Bretaña-Galicia. Así mesmo, estiveron presentes docentes do IES Neira Vilas, participantes neste programa. Esta visita ten por obxecto promover o desenvolvemento de actividades de cooperación entre o mundo da educación en Europa e contribuír así á mellora no ámbito educativo traballando en temas de interese común.

back link