Hemeroteca

Asset Publisher

Back Un logo identificará as políticas de igualdade do Concello de Oleiros

 Oleiros, 10 de setembro de 2021-. Todos os elementos gráficos de divulgación de actividades, campañas e actuacións do Concello de Oleiros nas que se realicen políticas de igualdade reais e efectivas contarán cun novo logo identificativo. Esta é unha medida contemplada no II Plan de Igualdade, aprobado o pasado mes de xuño.

 
O II Plan de Igualdade incorpora medidas específicas para afrontar un cambio de valores que permitan avanzar cara a unha sociedade máis igualitaria. Tamén está moi presente o enfoque interseccional, atendendo aos diferentes factores de discriminación que poden darse non só por motivos de xénero, senón tamén por etnia, raza, diversidade funcional, orientación ou identidade ou expresión de xénero, entre outras. 
 
O Goberno municipal aposta por combater con políticas públicas planificadas e transversais, os atrancos que impiden acadar a igualdade entre mulleres e homes e traballar por unha sociedade máis xusta, sen discriminación, solidaria e libre de violencia de xénero en todas as súas manifestacións.
back link