Oleiros, 19 de outubro de 2017-. Todas as liñas de autobuses existentes no Concello de Oleiros que se dirixen á Coruña chegarán ata o centro da cidade. Está previsto que nos vindeiros días entren en funcionamento as novas paradas que estarán situadas na praza da Palloza, na praza de Ourense e en Entrexardíns.
Tan pronto como a Xunta de Galicia e o Concello da Coruña rematen as obras que están a realizar na zona de Entrexardíns, os autobuses pasarán polas novas paradas. Segundo as estimacións de ambos organismos, os traballos deberían estar rematados nos primeiros días de novembro.