Numerosas persoas maiores estiveron a recibir chamadas nas que se suplantaba ao Concello de Oleiros e se convocaba unha reunión sobre Axuda no Fogar o xoves 25 de abril pola mañá, que incluía a recollida das persoas maiores nos seus domicilios. Nada disto é certo.
Para evitar posibles enganos, o Concello recomenda ás veciñas e veciños que recibiron estas chamadas que non acudan a esa convocatoria realizada no nome do Concello de Oleiros xa que non é certa.