Hemeroteca

Asset Publisher

Back Seguen a aumentar os casos positivos por COVID en Oleiros

 Oleiros, 17 de agosto de 2020-. A Primeira Tenente de Alcalde, Mª José Varela, reuniuse no día de hoxe co Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña; para ver a evolución e a incidencia do Sars-Cov2 na área metropolitana.

 
Na 6ª xuntanza de alcaldes da comarca con Sanidade informouse do aumento de casos positivos por Covid-19 na mesma como así tamén do aumento cuantitativo dos contactos rastrexados até o momento. 
 
Desde o Concello de Oleiros facemos un especial chamamento a toda a veciñanza para solicitar a súa colaboración na tarefa de controlarmos a propagación do virus. Neste sentido lembramos a importancia de que se cumpran as normas de distanciamento social, o uso obrigado de máscara en todo momento (interior de locais e exterior), o lavado frecuente de mans (auga e xabón ou solución hidroalcólica) e a prohibición de fumar en espazos públicos ao ar libre así como en terrazas e establecementos de hostalería se non se garante unha distancia de seguranza de 2 metros. Asimesmo, desde Sanidade recoméndase a importancia de non reunirse máis de 10 persoas, mantendo a distancia de seguridade pertinente e a precaución na celebración de festas e xuntanzas familiares ou de amigos, xa que a franxa de idade de persoas infectadas variou considerablemente; sendo a poboación xoven e de mediana idade a que está sendo máis afectada polo virus.
 
 
 
 
 
back link