Oleiros, 26 de setembro de 2019-. A pasada noite foron roubados uns 200 peixes de acuario que se atopaban no estanque do parque da urbanización Canide. Trátase de especies dunha dimensión aproximada de entre 5 e 8 centímetros, de cores vermellas e pardas.
A Policía Local xa ten unha investigación aberta por este suceso e agarda poder identificar aos ladróns o antes posible. Este estanque esta situado na avenida de Palestina.