Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Rotundo éxito da III Festa do Libro na Rúa con cifras elevadas de asistencia e vendas

O Concello de Oleiros reafirmou hoxe a súa aposta pola cultura coa celebración da III Festa do Libro na Rúa, unha xornada que se saldou cun éxito absoluto tanto de público como de actividade comercial. Desde primeiras horas da mañá, a afluencia de veciños, veciñas e visitantes foi constante, superando as expectativas iniciais e convertendo o evento nunha gran feira literaria ao aire libre.

As librarías e editoriais presentes nos postos instalados destacaron o excelente ritmo de vendas durante todo o día. O interese do público por descubrir as novidades editoriais e por adquirir exemplares asinados polos autores e autoras convidados foi a nota dominante dunha xornada marcada polo bo ambiente e o compromiso co sector do libro.

O Goberno local amosou a súa fonda satisfacción polo desenvolvemento desta terceira edición. Oleiros volveu demostrar que é un concello que ama a lectura e que apoia decididamente ás nosas librarías. Ver as rúas cheas de xente con libros nas mans é a mellor proba de que esta iniciativa está xa consolidada.

Ademais da venda de libros, o programa de actividades complementarias —que incluíu contacontos, obradoiros infantís, encontros literarios, música en directo e unha representación teatral a cargo do alumnado do IES Neira Vilas— contribuíu a dinamizar o espazo e a atraer a un público familiar, cumprindo co obxectivo de fomentar o hábito de ler entre os máis novos dun xeito lúdico e participativo.

O Concello de Oleiros quere agradecer a implicación de todos os libreiros, profesionais do sector, escritores, escritoras e, especialmente, da cidadanía, que coa súa presenza fixo posible que esta III Festa do Libro na Rúa fose un éxito.

back link