Hemeroteca

Asset Publisher

Back Raquel Capote ofrece un concerto homenaxe á Troba cubana o sábado na Fábrica

Oleiros, 26 de febreiro de 2020-. Raquel Capote actúa o sábado no centro cultural A Fábrica, en Perillo, ás 21:00 horas, dentro do VII Ciclo de Música Voces Cálidas para noites de Inverno. As entradas estarán á venda desde unha hora antes do inicio do espectáculo a un prezo de 2,50 euros.

 
Acompañarán a Raquel Capote neste concerto grandes músicos: Ángel Martínez no piano, Amaury Quintero na percusión e Juan Pérez Villavicencio no baixo. Como invitados Rogelio Acosta na guitarra, Alberto Laso no sitar e algunha sorpresa. O repertorio será unha selección de cancións de compositores como Sindo Garay, Silvio Rodríguez, Eusebio Delfín, Pablo Milanés, Teofilito, María Teresa Vera, Marta Valdés, Noel Nicola, Marcelino Guerra, Teresita Fernández, José Antonio Quesada e Santiago Feliú.
 
O concerto será unha homenaxe ao espírito trobador cubano, coma necesidade de navegar no tempo cara a un legado sublime que nace  hai case cen anos. A estela da Troba Tradicional é fonte de inspiración e antecedente de movementos musicais tan importantes como o Feeling e a Nova Troba. A súa achega á historia da música de Cuba é esencial, e desa fonte brotan as augas que converxen e consolidan o son, achegándolle algo de grandísimo valor: a poesía.
back link