Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Os orzamentos municipais para 2016 contemplan un incremento dun millón de euros en novas obras

Oleiros, 20 de novembro de 2015-. O Goberno local presentoulle ás entidades do municipio a proposta de orzamentos que se aprobarán no vindeiro pleno do Concello de Oleiros. Este orzamento, de 26 millóns de euros, increméntase nun 1,64% en relación ao do pasado exercicio, de acordo coa normativa estatal pola que fixan os obxectivos de estabilidade orzamentaria. O documento prevé un incremento do 25% nos investimentos reais destinados a contratación de novas obras e servizos, o que supón preto dun millón de euros.

Entre estes investimentos inclúense, por sinalar uns poucos como exemplo, o acondicionamento do Parque da Lagoa de Mera, as beirarrúas dun treito da avenida Rosalía de Castro, a pavimentación de diversas rúas, a renovación da rede de auga nas rúas Pazo e Cobo, a reforma da Escola de Danza e Teatro, a adquisición dun camión para os Servizos Municipais, a renovación do mobiliario da piscina de Perillo ou a ampliación da Casa do Pobo de Mera. Tamén se reserva outras partidas para a expropiación de terreos para a construción de prazas, sendas e beirarrúas, para a creación do parque de Bastiagueiro e para continuar coa ordenación da zona verde que se xa se iniciou nos accesos á Praia de Naval.

A convocatoria dos colectivos veciñais do municipio para a presentación dos orzamentos anuais realízase cada ano por parte do Goberno local de Alternativa dos Veciños. A través desta iniciativa o executivo local pretende elaborar uns orzamentos máis participativos. Con anterioridade a esta convocatoria, o Goberno local dirixirase por carta aos colectivos de maior entidade para solicitar as súas propostas de cara a confeccionar o documento que agora se presenta.
 

back link