Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Os organizadores da homenaxe a José Antonio García Nieto realizan unha doazón á Asociación Espa

Oleiros, 24 de setembro de 2015-. Os diversos colectivos que organizaron a homenaxe ao profesor José Antonio García Nieto, do Colexio Luis Seoane de Mera, realizaron unha doazón de 420 euros á Asociación Española Contra o Cancro. Esa cantidade procede dos cartos que aportaron todos os asistentes que participaron no evento.

Segundo explicaron os organizadores, a doazón realizouse a iniciativa do profesor xubilado. “Logo de facer fronte a todos os gastos da festa-homenaxe, sobráronnos 420 euros. Falamos con José Antonio e nos dixo que doáramos os cartos á Asociación Española Contra o Cancro”, comentou Violeta Núñez. A actual ANPA do Colexio Luis Seoane, anteriores agrupacións de nais e pais, a asociación de ex alumnos do centro e os compañeiros e ex compañeiros do mestre foron os organizadores da homenaxe celebrada no mes de xuño.

O Concello de Oleiros tamén se sumou a ese recoñecemento e por iso o Pavillón de Canide denomínase oficialmente José Antonio García Nieto. O nomeamento fíxose público nun acto de homenaxe que congregou a unhas 400 persoas que quixeron agradecerlle a este profesor os seus 30 anos de traballo no Colexio Luis Seoane.
 

back link