Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Os nenos das actividades municipais de verán despediranse cunha festa

Oleiros, 02 de setembro de 2016-. Os dous primeiros sábados de setembro os nenos e nenas que participaron nos campamentos, excursións e hortas de verán reencontraranse nunha festa de fin de verán para lembrar as súas aventuras estivais, pasando unha tarde lúdica e divertida. A primeira das festas será para os nenos de mediana idade e celebrarase este sábado día 3 setembro. No segundo dos encontros, que terá lugar o día 10, participarán os máis pequenos.

Durante estas xornadas haberá proxeccións audiovisuais, xogos con paracaídas con seres fantásticos da fraga que os nenos terán que buscar nas árbores do campo de xogo, un obradoiro de ilustración con Suso Cubeiro, unha merendiña saudable na que non faltarán as delicias clásicas destas festiñas e algunha que outra sorpresa. Antes da despedida cada un dos nenos recibirá un CD con fotos das actividades desenvolvidas.
 

back link