Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros vai de museo!: visita á exposición “Peteiro”

O vindeiro xoves 6 de xuño, o Concello de Oleiros ten prevista unha visita guiada en horario de tarde á exposición sobre a obra de Jorge Peteiro no Kiosco Alfonso na Coruña.

O xoves 6 de xuño o Concello de Oleiros ten prevista unha visita guiada en horario de tarde á exposición sobre a obra de Jorge Peteiro, artista coruñés finado en 2013; comisariada por Pedro Vasco Conde e por Beatriz García Trillo, artista e viúva de Peteiro.

A mostra inclúe 94 obras de 21 entidades públicas, privadas e prestadores individuais, que permiten entrar no coñecemento do seu pensamento e sentimento artístico. 

“Mi pintura, es la alegría de vivir, la de los factores positivos de la existencia. Es una apuesta por la vida y por la inocencia”, Jorge Peteiro.

As inscricións para participar da visita guiada comezarán a partir do 30 de maio ás 10.00 horas na sede electrónica, no ámbito de cultura, ou persoalmente na Fábrica, no departamento de Cultura, de 10.00 a 14.00 horas.

As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición e con preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros. A inscrición inclúe o desprazamento obrigatorio en autobús e a visita guiada no museo.

back link