Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros súmase á Andaina contra a violencia de Xénero

Oleiros, 19 de novembro de 2012-. O Concello de Oleiros, no seu papel de responsable dos servizos sociais do Consorcio As Mariñas, participará na Andaina Contra a Violencia de Xénero que terá lugar o vindeiro sábado, 24 de novembro, e que percorrerá a ría do Burgo, saíndo de Cambre, pasando por Oleiros, onde haberá un avituallamento, e remataráen Culleredo coa lectura dun manifesto.

As persoas interesadas en participar neste evento poden inscribirse a través do correo electrónico: siv@oleiros.org e no teléfono de atención ao veciño 981 610 000.
O Concello quere animar  aos veciños e ás veciñas do noso concello a sumarse á dita andaina, gozar dun fermoso paseo pola nosa ría e amosar o rechazo mais absoluto a esta lacra social como é a violencia de xénero.

 

back link