O alcalde Ángel García Seoane, acompañado pola concelleira de Cultura María José Santos, recibiu o diploma e destacou a atención que lle presta desde sempre o Goberno municipal de Oleiros á olería, tanto no museo coma nas múltiples actividades que se celebran ao longo do ano, ademais de Alfaroleiros, que chegou o pasado ano á súa trixésima edición.
O Museo dos Oleiros contén unha das mellores coleccións de cerámica popular existentes no estado español e Alfaroleiros é considerada a feira de olería tradicional máis importante da península polos propios artesáns participantes.