Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros recibe a Carlos Blanco representando a súa obra Africanízate

 

As entradas poranse á venda ás 19.30 horas o venres e ás 19.00 horas o sábado

Oleiros, 28 de outubro de 2010.- O Concello de Oleiros, dentro da súa programación cultural, presenta esta fin de semana a obra Africanízate. O humor negro de Carlos Blanco e a música engaiolante de Manecas Costa, xúntanse no auditorio Gabriel García Márquez de Mera e ofrecen dúas funcións no municipio, unha o venres ás 21.00 horas e a outra o sábado ás 20.30 horas. As entradas, que custarán 5 euros, porase á venda o venres ás 19.30 horas e o sábado ás 19.00 horas.

A obra que supón o encontro entre dous creadores e as súas respectivas culturas, en clave de humor e música, representa a historia dun europeo e un africano que se atopan nun barco e conversan, ironizan, cantan e descobren que hai moito máis en común do que eles pensaban. Partindo dos tópicos da emigración para chegar finalmente a unha reflexión sobre as relacións norte e sur.

back link