Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros presenta a actividade Os CuncaContos

Oleiros, 27 de marzo de 2013-. O Concello de Oleiros organiza para o próximo xoves 4 de abril ás 18.00 horas no Teatro As Torres de Santa Cruz o espectáculo Os CuncaContos. Este espectáculo, enmarcada dentro dos actos de celebración da segunda edición dos Días Europeos da Artesanía, mestura a cerámica e a educación social e tamén permitirá ás persoas asistentes visitar o Museo Os Oleiros. As prazas son limitadas (15), e o espectáculo está destinado a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos, pero os pais poden compartir a experiencia que durará ao redor de dúas horas.

O CuncaConto de UG é un obradoiro que mestura unha historia e un obradoiro cerámico no que se transmiten coñecementos, se traballa coas mans e se exercitan os procesos de expresión artística creativa. A ceramista Susana González Amado e a educadora social Belén Fernández Fernández colaboran neste proxecto para traballar a expresión das emocións e a comunicación. Ao finalizar o obradoiro as persoas participantes terán a oportunidade de visitar a colección de olería que recolle o Museo Os Oleiros de Santa Cruz. Unha colección de máis de 3000 pezas de Jose Mª Kaydeda Contido.

Días Europeos da Artesanía
A celebración dos Días Europeos da Artesanía nace co obxectivo de achegar ao público o mundo do patrimonio e da creación, mediante unha oferta de actividades para todos os públicos sobre o sector da artesanía. Fundesarte, a Fundación Española para la Innovación de la Artesanía, é a entidade encargada de promover esta iniciativa en España.
 

back link