Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Oleiros planta árbores contra a Violencia de Xénero

Oleiros, 23 de novembro de 2012-. O Concello de Oleiros, con motivo da conmemoración do Día Mundial contra a Violencia e Xénero do próximo 25 de novembro, realizou esta mañá nos centros públicos de ensino secundario do municipio a plantación dunha composición ornamental, de flores e plantas, co fin de que sirva de recordo a todo o alumnado do problema da violencia de xénero. Por outra banda, o Concello está a desenvolver con este tipo de alumando unha serie de obradoiros nos que, a través da música e das letras de cancións coñecidas, analízanse as relacións de parella, e o respecto mutuo.

Así mesmo, o Concello de Oleiros vaise sumar á Andaina pola ría do Burgo que
contra a Violencia de Xénero organizan os nove concellos do Consorcio As Mariñas. A marcha terá lugar mañá. A saída está prevista ás 10:30 h desde a Casa das Palmeiras, no Paseo do Temple, en Cambre e seguirá camiño de Oleiros, onde se fará un avituallamento na Fábrica, en Oleiros, para rematar en Culleredo.
 

back link