Oleiros, 9 de xuño de 2015-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, anunciou esta mañá a súa intención de devolver ás persoas participantes nos procesos de selección de persoal do Concello as taxas aboadas por este concepto. García Seoane criticou que persoas que se atopen en situación de desemprego teñan que aboar diñeiro por participar nos procesos selectivos da Administración. Como exemplo puxo a taxa de 12 euros aboados por preto de 200 persoas que se presentaron ás seis prazas de operario para limpeza de praias. «A vida está complicada para moita xente e non podemos permitir estas cousas», sinalou.