Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Oleiros comeza as obras incluídas no proxecto de mellora da seguridade viaria no municipio

Oleiros, 8 de marzo de 2013-. O Concello de Oleiros comezará nun breve prazo de tempo a executar as obras do proxecto de mellora integral de seguridade viaria en todo o municipio. Neste proxecto tratarase a creación de novos pasos de peóns, o repintado dos existentes, a mellora da sinalización vertical e o repintado da horizontal coa indicación de novas directrices que regularán o tráfico na maior parte dos núcleos de poboación do Concello. O obxectivo deste conxunto de obras é mellorar a seguridade dos peóns, polo que en case todas as urbanizacións e núcleos urbanos de alta densidade reducirase o límite de velocidade de vehículos.

Para iso instalaranse diversas bandas que obriguen a minorar a marcha. Estas bandas redutoras de velocidade construiranse con ramplas de lonxitude suficiente como para evitar posibles danos ou a deterioración dos vehículos. Ademais, algúns dos pasos de peóns situados nas zonas de maior tránsito de vehículos serán iluminados para que os condutores perciban a localización do paso con suficiente distancia para evitar riscos.

Con este investimento de máis de 100.000 euros en seguridade o Goberno local quere contribuír a minimizar os riscos para nenos e nenas, persoas maiores e en xeral toda a cidadanía que use as beirarrúas nas zonas urbanas das localidades e nas comunicacións entre os distintos núcleos de poboación.

ACTUACIÓNS PREVISTAS:


1.    Rúa Doctor Fleming: Repintado de liña amarela e pintado dun paso de peóns.

2.    Avenida María Pita: Sinalización das paradas de autobús existentes en Cabreira e pintado de liña amarela. Pintado de dous pasos de peóns na rotonda de Canide.

3.    Avenida Palestina e rúa Gaza: Pintado de dúas illas e pintado de dous pasos de peóns na intersección coa avenida Morro de Canide.

4.    Avenida Tierno Galván: Pintado dun stop con liña de parada á altura da rúa da Braña e pintado de liña branca de borde da calzada, nun lado continua e noutro descontinua.

5.    Rúa Abeleiras: Repintado de paso de peóns.

6.    Urbanización Rialta: Reposición de bandas de goma.

7.    Rúa Concepción Arenal: Pintado dun paso de peóns na intersección coa rúa Emilia Pardo Bazán.

8.    Rúa do Mar: Colocación de bandas redutoras da velocidade e pintado de paso de peóns. Pintado do eixe e dos bordes da calzada en pintura branca desde a altura da rúa Aguieira ata o cruce de Breixo.

9.    Rúa Seixo: Pintado do eixe e dos bordes da calzada en pintura branca.

10.    Rúa do Moucho: Pintado dunha rotonda nas inmediacións do complexo deportivo municipal de Dorneda.

11.    Rúa Cormorán: Pintado dun novo paso de peóns e repintado de dous existentes. Colocación de dous sinais de limitación a 30 km/h na entrada da urbanización.

12.    Rúa Ocaso coa avenida Che Guevara: Pintado de paso de peóns e repintado de liña.

13.    Rúa do Areal na intersección coa N-VI: Pintado dun paso de peóns.

14.    Rúa Romeu con avenida Valle Inclán: Pintado dun paso de peóns.

15.    Glorieta de Lucín: Pintado de 4 pasos de peóns nas catro rúas que forman a intersección.

16.    Rúa Linneo: Pintado dun paso de peóns.

17.    Rúa Kenia: Pintado de dous pasos de peóns.

18.    Rúa Romardeiro: Pintado de 4 pasos de peóns. Colocación de sinais e pintado de liña de borde da calzada.

19.    Rúa Follas Novas: Colocación dunha banda de redución da velocidade.

20.    Rúa O Bañil: Sinalización de sentido único.

21.    Rúa das Torres: Paso de peóns en parada de autobús e recuperación da liña descontinua para acceder á rúa Manuel de Falla.

22.    Rúa Manuel de Falla: Sinalización de zona a 30.

23.    Rúa Follas Novas: Colocación dunha banda de redución da velocidade.

24.    Rotonda da Veiga: Pintado de dous pasos de peóns.

25.    Rúa da Gaita: Pintado dun paso de peóns.

26.    Rúa Marte: Sinal de sentido único na entrada pola rúa Sol.

27.    Rúa da Amistade: Colocación de sentido único.

28.    Rúa Xusticia: Sinal de prohibición de entrada desde a rúa Paz e colocación de sinal de stop.

29.    Avenida Miguel Hernández: Mellora da sinalización vertical nos accesos pola rúa Manuel Murguía, rúa Menta, rúa Anido e polo campo de fútbol.

30.    Urbanización Mesón da Auga: Borrado da liña descontinua en toda a rúa e colocación dun sinal de sentido único e de acceso prohibido.

31.    Rúa Cascaxeira: Colocación de bandas de redución da velocidade.

32.    Rúa Bartolomé de las Casas: Colocación de dúas bandas de redución da velocidade.

33.    Rúa O Morrazo: Repintado de 5 pasos de peóns e repintado de rotonda e eixes.

34.    Rúa O Piñeiro: Colocación de dúas bandas de redución da velocidade.

35.    Rúa As Avogadas na intersección coa rúa do Cántaro:Pintado de illas.

36.    Avenida Che Guevara: Repintado da parada do autobús existente na intersección coa rúa Fuxeira. Colocación do panel P-20 «Precaución peóns en calzada estreita» na intersección Aguías- Mioporos.

37.    Rúa Beiramar:Colocación de postes. Colocación dun sinal de limitación de velocidade a 30 km/h na intersección coa avenida das Mariñas e repintado das liñas do eixe, dos bordes e da marca viaria de stop.

38.    Rúa das Ondas: Pintado de praza de estacionamento para persoas discapacitadas.

39.    Avenida das Américas: Pintado de 6 pasos de peóns.

40.    Rúa Miradoiro: Pintado de paso de peóns e repintado de eixe.

41.    Avenida Valle Inclán: Pintado dun paso de peóns repintado de eixe e bordes de calzada.

42.    Rúa Rafael Alberti: Pintado dun paso de peóns.

43.    Rúa da Xesteira: Pintado dun paso de peóns e rebaixe do bordo.

44.    Rúa Nogueira: Paso de peóns elevado.

45.    Rúa Suárez Picallo: Paso de peóns elevado.

46.    Rúa Luís Pimentel: Colocación de banda dura.

47.    Avenida Rosalía de Castro á altura do cruce de Lucín: Repintado de liña amarela en zig-zag nas dúas paradas de autobús existentes e na zona de carga e descarga.

48.    Urbanización Os Regos: Repintado de todos os pasos de  peóns e colocación de sinais en toda a urbanización.

49.    Rúa Eduardo Blanco Amor: Creación de paso de peóns  elevado.

50.    Rúa Concepción Arenal: Pintado das paradas de autobús existentes no cruce de Coruxo de Arriba.

51.    Rúa Marcial Del Adalid: Colocación de dúas bandas redutoras de velocidade. Pintado dun paso de peóns na intersección coa rúa Casares Quiroga.

52.    Rúa Viñas de Babilonia: Pintado de dous pasos de peóns.

53.    Rúa Ventoeira: Colocación de dous sinais de entrada  prohibida.

54.    Rúa Eduardo Pondal: Pintado de bordes de calzada e de  frechas de dirección.

55.    Urbanización Icaria: Pintado de pasos de peóns e eixes da calzada e reposición da sinalización horizontal en toda a  urbanización.

56.    Rúa Codesal: Sinalización vertical de rúa de sentido único.

57.    Rúa Salvador de Madariaga: Pintado de paso de peóns.

58.    Urbanización O Pinar: Renovación da sinalización vertical.

59.    Rúa As Torres: Repintado de pasos de peóns.

60.    Rúa do Saber: Repintado de pasos de peóns.

61.    Avenida Emilia Pardo Bazán: Repintado de paso de peóns fronte ao colexio Isidro Parga Pondal.
 

back link