Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Oleiros acolle unha charla sobre o anteproxecto da Lei Wert

Oleiros, 18 de febreiro de 2013-. O Concello de Oleiros acolle unha charla informativa sobre o futuro da educación no país. O próximo mércores 20 de febreiro, ás 20:00 horas no centro cultural A Fábrica, a presidenta da Federación Provincial de ANPAS, Helena Gómez, ofrecerá unha charla informativa sobre o anteproxecto da Lei Wert. Tras a súa intervención abrirase unha rolda de debate entre as persoas asistentes.

back link