Oleiros, 28 de febreiro de 2013-. O Concello de Oleiros organiza un curso de monitor/a de tempo libre. Esta formación conta con título oficial expedido pola Xunta de Galicia e a súa formación correrá a cargo da Escola de Tempo Libre de Cruz Vermella. O prazo de matrícula permanecerá aberto ata finais do mes de marzo. Os prezos serán de 224 euros para as persoas empadroadas e 280 para as non empadroadas.
As inscricións levaranse a cabo no Centro de Información Xuvenil do Concello de Oleiros. O curso comezará o día 5 de abril e rematará o próximo 9 de xuño. O horario lectivo será os venres de 16.00 horas a 21.00 horas, sábados de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas e os domingo de 9.00 a 14.00 horas. Todas as xornadas levaranse a cabo na Casa da Cultura de Perillo.
As persoas destinatarias desta iniciativa son persoas maiores de idade en posesión do graduado en ESO. O curso ten unha duración de 350 horas divididas en 200 horas teórico-prácticas e 150 horas prácticas. Durante as horas teórico-prácticas as persoas participantes realizarán unha acampada.