Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Obradoiros de gravado infantís e xuvenís

O vindeiro venres 5 de xaneiro ás 10:00 horas abrirá o prazo para optar ás prazas vacantes nos Obradoiros de Gravado organizados polo Concello. As solicitudes poderán realizarse a través da sede electrónica ou presencialmente na Fábrica.

As clases serán todos os venres -desde o 12 de xaneiro- e desenvolveranse na Escola do Castaño, en Perillo. Os horarios serán de 16.30 a 18.00 horas, para o grupo infantil, e de 18.00 a 19.30 horas, para o grupo xuvenil.

 

MÁIS INFORMACIÓN

back link